top of page
Mesa de trabajo 1-100.jpg

MÚSICA E MOVEMENTO

Clase de musica

A materia de Música e Movemento está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos, e ten por obxectivo estimular certas capacidades fundamentais para o desenvolvemento integral dos alumnos na súa etapa infantil.

Traballase , de modo lúdico, as capacidades expresivas, musicais, intelectuais e motrices, sentando unhas bases sólidas para que posteriormente os alumnos poidan iniciar con éxito unha formación tanto de música como de danza.

A música nos nenos contribúe ó benestar e a lograr unha imaxe positiva, dótalles dunha seguridade emocional e confianza, i é de capital importancia no desenrolo das habilidades e destrezas básicas para o aprendizaxe, que se manifestan en aspectos como saber escoitar, percibir, asociar, discriminar auditiva mente, memorizar, interpretar e crear.

Os contidos destas clases son os seguintes:

​

  • Expresión vocal e canto

  • Expresión corporal e traballo da psicomotricidade.

  • Percusión corporal.

  • Instrumentación Orff e pequena percusión.

  • Audición activa.

  • Introdución á linguaxe da música.

 

​

bottom of page